BTTinto mix
06/07/15 22:22
Outra magnifica saída pola zona de Barrantes-Armenteira guiados coma sempre polo noso compañeiro Adrián, que soubo levarnos polos mellores paraxes da zona seguindo en grande medida o trazado da ultima BTTinto.

Tremenda ruta como xa comentaba , Adrián coa san intención de rebentarnos , levounos polos mas bonitos paraxes da zona , tamén polos mas inaccesibles e empinados

.xa nos primeiros metros da ruta se notaba que ía a ser dura , as costas do inicio son bastante asasinas sobre todo se te pillan coas pernas frías . despois de pasar o vértice xeodésico e logo de unha bonita baixada meteunos por un bonito carreiro que bordeando un pequeno regato sube hasta a estrada que vai a Armenteira , neste punto uníronsenos un par de amigos do TEAM + ARMENTEIRA que nos acompañaron un anaco hasta o mosteiro onde quedaron a tomar un piscolabis. Un pouco antes o nos compañeiro Victor abandonaba a ruta tras sufrir una indisposición (Obxectibo conseguido Adrián

). O resto do grupo seguimos camiño para facer un par de trialeiras e rematar o día baixando o Bypass e seguindo hasta barrantes onde xa nos esperaba Victor , Que o final tivo que facer os últimos 6 km a pe posta que rachou una cuberta.
